Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez buscará a clasificación para París 2024 en xullo

Susana Rodríguez buscará a clasificación para París 2024 en xullo

A triatleta afronta tres semanas intensas de competición o próximo mes 

O 28 de xuño recibirá a Medalla Castelao que acredita o seu mérito deportivo

G24.gal 23/06/2023 20:11

O próximo 28 de xuño Susana Rodríguez Gacio recollerá a Medalla Castelao que acredita o seu inmenso mérito deportivo. Mérito fundamentado no traballo constante. A viguesa prepárase agora para tres semanas intensas de competición en xullo. 

"O 1 de xullo temos Copa do Mundo na Coruña, o 8 Series Mundiais en Montreal e o 15 en Gales. Serán tres semanas seguidas de competión. Esperamos sacalas ben e encamiñar a clasificación cara París. A proba máis importante en canto a puntuación será a de Pontevedra en setembro", explícanos.

Queda algo máis dun ano para a próxima cita olímpica. Susana, que a comezos de mes revalidou en Madrid o Campionato de Europa, aspira a repetir o éxito de Toquio, de onde regresou cun ouro.

"O tríatlon é un deporte moi duro. Estamos mellorando detalles. Niso estamos e hai que ir vendo. Porque nas carreiras pode pasar de todo. Cada ano aparecen deportistas novos, dunha nova xeración. Veñen para poñernos as cousas difíciles pero se queren ter bos resultados van ter que traballar duro porque nós non imos tirar a toalla", engade. 

A esixencia é máxima. Sobre todo agora que compaxina a medicina, que exerce en Vigo, co deporte de elite. Pero Susana cre que a dobre dedicación beneficia a súa faceta competitiva.

"É duro porque custa cadrar os horarios pero tamén é certo que ao ter a cabeza en varias cousas, a nivel emocional síntome máis forte. Polas mañás fago unha cousa e polas tardes adéstrome. Creo que estou gozando máis agora do deporte que o ano pasado, que só me dedicaba aos adestramentos", asegura. 

Susana, médica e triatleta, segue dando pasos para acrecentar a súa historia. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar