Suspendida a vista apelación contra a sentenza que condena a Ana Sandamil a prisión permanente revisable

Suspendeuse por un imprevisto sobrevido a un maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ía ver o caso
Suspendeuse esta maña a vista de apelación contra a sentenza que condenou a Ana Sandamil a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla Desirée, de 7 anos, en maio de 2019.
O imprevisto que lle sobreveu a un maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ía ver o caso obrigou a aprazar a vista.
A defensa recorreu a sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo o 28 de febreiro despois de que un xurado popular declarara culpable a Ana Sadamil da morte da súa filla. Alega unha suposta vulneración da presunción de inocencia e entende que non existe proba directa abondo para inculpala. As acusacións opóñense ao recurso e solicitan a confirmación íntegra da sentenza.