Cargando resultados...
Susto no barrio das Flores da Coruña tras caer dúas pólas dun piñeiro desde oito metros de altura
Susto no barrio das Flores da Coruña tras caer dúas pólas dun piñeiro desde oito metros de altura
No barrio contan que levan tempo advertindo da perigosidade
Esixen medidas antes de que aconteza unha desgraza
G24.gal
02/06/2022 13:51
No barrio das Flores non falan doutra cousa. Todos comentan a caída de dúas pólas dun piñeiro desde uns oito metros de altura.
Nesta ocasión, as ramas caeron sobre dúas furgonetas de traballo e causáronlles danos aínda por cuantificar.
Os veciños explican que o que aconteceu era cuestión de tempo e din que xa levaban unha morea de tempo denunciando a situación e pedindo que foran podar malia que, polo momento, facíanlles caso omiso.
Agora agardan que si tomen o problema en serio e fagan axiña os traballos de mantemento necesarios para evitar danos maiores.