Publicador de contidos
Publicador de contidos

Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil

Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil

A denuncia faina a Asociación Unificada de Gardas Civís que ve esta práctica coma un delito contra a seguridade viaria

A primeiras sospeitas xorden despois de que no último mes se disparara en Lugo o número de picadas nos vehículos que Tráfico ten equipados cos radares móbiles

G24.gal 10/05/2024 14:16

Colocados de forma intencionada para facer o maior dano posible, así o cren desde a Asociación Unificada da Garda Civil, que foron os que denunciaron os feitos. A primeiras sospeitas xorden despois de que no último mes se disparara o número de picadas nos vehículos que Tráfico ten equipados cos radares móbiles.

Tras inspeccionar os lugares máis frecuentes onde se colocan para facer os controis de velocidade, descubriron a trampa. En varios deles apareceron estas táboas con cravos. Este tipo de prácticas poden traer consigo consecuencias máis graves que os danos nos vehículos, xa que poden ser causa de accidentes. A Garda Civil xa investiga para tratar de identificar os responsables.

"Estes achados foron en zonas onde habitualmente estaciona o vehículo radar. Nós denunciamos o risco que supón este tipo de accións, poden pór en risco tanto os axentes de Tráfico coma os usuarios da vía. Parécenos un grave delito contra a seguridade viaria", explica Óscar Fustes, secretario xeral da Asociación Unificada de Gardas Civís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade