Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ata o venres vai seguir a influencia anticiclónica, con temperaturas de verán na primavera

Ata o venres vai seguir a influencia anticiclónica, con temperaturas de verán na primavera

A bacía ourensá do Miño sobe dos 30 graos

Son entre 4 e 10 graos por riba do habitual dun mes de abril

G24.gal 17/04/2023 13:48

Hai que agardar as horas centrais do día para sentir a calor en Ourense. A mínima desta madrugada foi de sete graos e medio na cidade, así que a primeira hora aínda se agradecía o sol.

"Na sombra vai frío. Estamos buscando algo de calor co sol", di unha veciña.

Aínda non deran as once e xa empezaban a sobrar as chaquetas. A medida que pasan as horas, hai que ir buscando a sombra. Hoxe subiremos dos 30 graos, na cidade e noutros concellos da bacía do Miño, como Leiro ou A Arnoia. Son entre 5 e 10 graos máis do que sería propio do mes de abril. Unhas temperaturas estivais que sorprenden a veciños e visitantes.

"Antes dicían: en Galicia chove moito. Que vai chover! Vai unha calor horrible. Para nós ben, pero para o campo...", sinala unha muller do País Vasco, de visita en Ourense.

Ata o venres está previsto que sigamos baixo a influencia anticiclónica: ceo despexado e aire cálido, aínda que as máximas baixarán algo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade