Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tere Abelleira descansa coa familia en Pontevedra tras un 2023 para enmarcar

Tere Abelleira descansa coa familia en Pontevedra tras un 2023 para enmarcar

Será unha das protagonista da programación especial de fin de ano na Galega

G24.gal 28/12/2023 15:24 Última actualización 28/12/2023 15:31

Poucos deportistas en xeral e poucas mulleres en particular poden presumir dun 2023 tan completo como o de Tere Abelleira.

"Foi un ano moi bonito. Logramos o Mundial. Quédame a espiña da final de Copa".

O ano no que todos puidemos ver a unha Abelleira erguerse como peza chave da selección campioa do mundo á que chegaba como unha aposta de futuro. O seu inconformismo natural e a solvencia exhibida fixérona triunfar nun Mundial histórico e consolidarse no seu club, o Real Madrid, para o que xa reclama éxitos pendentes neste ano 24 que asoma.

"Quero estar coa selección en París e gañar a Liga".

Tere Abelleira, que será unha das protagonistas da programación especial de fin de ano na Galega, pasa estes días en Pontevedra, a súa cidade. A boa vila na que tamén foi profeta a primeiros de mes nunha xornada inesquecible coa selección española.

A futbolista galega xa é sen dúbida unha das mulleres do ano que marcha, pero ten talento de sobra e ambición deportiva para seguir estirando a corda no que entra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos