Estafa varios veciños do barrio coruñés do Ventorrillo ao facerse pasar por un membro da comisión de festas
Estafa varios veciños do barrio coruñés do Ventorrillo ao facerse pasar por un membro da comisión de festas
Estafa varios veciños do barrio coruñés do Ventorrillo ao facerse pasar por un membro da comisión de festas
Non é a primeira vez que este home pide cartos en nome da comisión
Tras o éxito do ano pasado dos festexos do Ventorrillo, nesta edición a comisión de festas púxose man á obra e leva xa días percorrendo as vivendas dos veciños para recadar cartos. Porén, unha chamada alertounos de que un home, ao que non coñecían, estaba facendo o mesmo.
"É un home duns sesenta anos, que leva gorra e que ten un problema nun ollo. El pide cartos dicindo que é membro da comisión de festas", explica Aníbal Rodríguez, vicepresidente da asociación de veciños.
Así o describiron algúns dos veciños aos que lles foi petar na porta.
"Á miña casa non veu, pero as miñas amigas déronlle cada unha cinco euros. Non foi moito, pero...".
Pero é que amais contan no barrio que esta non é a primeira vez que ese home vai de porta en porta en nome da comisión de festas.
Así que para evitar que siga facendo das súas, a agrupación decidiu publicar nas redes sociais as fotografías das únicas catro persoas acreditadas e habilitadas para recadar fondos para as festas. Desde a asociación de veciños xa deron conta deste calote á Policía Nacional.