Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toma a xustiza pola man e tapia unha casa ocupada na Coruña

Toma a xustiza pola man e tapia unha casa ocupada na Coruña

Aproveitando que os ocupantes non estaban no interior, comezou a tapiar a porta e as fiestras

G24.gal 25/04/2024 14:14

Contra as doce da mañá de onte, un home presentábase nunha casa ocupada da rúa Pintor Román Navarro, de Monte Alto, cun feixe de ladrillos. Aproveitando que os ocupantes non estaban no interior, comezou a tapiar a porta e as fiestras.

Varias testemuñas dixeron que o home tivo que tapiar a porta por segunda vez porque os ocupas volveron e tiraron abaixo o muro. Esta segunda vez a policía local estaba na zona e quedaron custodiando a vivenda para que non a volvesen ocupar.

O albanel dixo que o facía por un labor social. Os veciños e comerciantes agradecen a este descoñecido que tapiase a vivenda. Din que os ocupantes traficaban con droga e roubaban nos negocios do barrio. Aseguran que eran moi violentos.

Varios comerciantes contáronnos que lles roubaron nos seus locais e incluso que os agrediron cando se enfrontaron a eles.

A asociación de veciños de Monte Alto leva tempo intentando localizar os propietarios desta vivenda, pero sen éxito. En febreiro deste ano presentaron unha denuncia no Concello por insalubridade e risco de incendio e de derrubamento, pero non conseguiron nada. A decisión deste particular de tapiar a vivenda parécelles correcta, pero din que o triste é, que unha vez máis son os veciños os que teñen que actuar contra os ocupantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade