Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico prevé máis sete millóns de desprazamentos polas estradas españolas durante a ponte

Tráfico prevé máis sete millóns de desprazamentos polas estradas españolas durante a ponte

A DXT prevé un aumento do 2,19 % respecto dos desprazamentos contabilizados nas mesmas datas do pasado ano

1,1 millóns de viaxes serán no noroeste: en Galicia, Asturias, Cantabria e parte de Castele e León

Nesta ponte coincide as saídas de vacación co retorno dos que xa foron e tamén os desprazamentos curtos

G24.gal 12/08/2022 11:20 Última actualización 12/08/2022 21:20

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha un dispositivo de control especial con motivo da próxima ponte do 15 de agosto. Nesta ponte prevense máis de sete millóns de desprazamentos nas estradas españolas, dos que 1,13 millóns corresponden ás estradas do noroeste en Galicia, Asturias, Cantabria e parte de Castela e León.

Segundo a DXT, esta cifra supoñería un aumento do 2,19 % respecto a os movementos contabilizados na mesmas datas do pasado ano.

Nesta ponte coincide as saídas de vacación co retorno dos que xa foron e tamén os desprazamentos curtos

Amais, nesta fin de semana e o luns, festivo nacional, coincidirán  os desprazamentos de saída e retorno polo cambio de quincena do mes de vacacións, e as viaxes de curto percorrido cara a poboacións do litoral ou praias, así como aos lugares onde se celebran festas populares.

O operativo especial da DXT será desde as 15:00 horas deste venres ata as 23:59 do luns

Ante as previsións dun elevado volume de tráfico, a DXT organizou un dispositivo especial que manterá activo entre as 15:00 horas deste venres e as 23:59 horas do próximo luns.

Entre outros recursos, Tráfico dispoñerá de todos os seus medios humanos e materiais, entre outros os axentes da Garda Civil, as patrullas de helicópteros, 780 radares fixos de control de velocidade, 545 radares móbiles, 39 drons, 12 helicópteros e 245 cámaras camufladas.

Campaña especial de vixilancia e conciencia de consumo de drogas e alcol

Este dispositivo coincide ademais coa campaña especial de vixilancia e concienciación sobre o consumo de alcol e drogas, que se está levando a cabo desde o pasado luns e finalizará o vindeiro domingo, día 14, nun período no que se están celebrando numerosas festas patronais ao longo e ancho do país.

As previsións de Tráfico contemplan que o maior incremento de vehículos na estrada terá lugar o venres pola tarde, entre as 16:00 e as 23:00 horas, cando se poden producir problemas de circulación nas saídas das grandes cidades, así como nos accesos ás zonas máis turísticas do litoral.

No que respecta ao regreso, os momentos con máis intensidade circulatoria terán lugar entre as 18:00 e as 23:00 horas do luns, período en que se canalizará todo o movemento de retorno desde a costa e as segundas residencias cara aos grandes núcleos urbanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade