Tráfico vixía un milleiro de condutores de risco que acumulan varias condenas
Tráfico vixía un milleiro de condutores de risco que acumulan varias condenas
Os axentes controlan os seus desprazamentos desde que saen da casa
Nalgúns casos, mesmo contan coa axuda de veciños, transportistas ou empregados de gasolineiras para o seu seguimento e dar con eles
Os axentes da Garda Civil de Tráfico manteñen baixo unha vixilancia continua, pero discreta, un milleiro de condutores en Galicia. A DXT implantou aquí un protocolo de vixilancia específico para condutores de risco e condutores que circulan sen puntos ou mesmo sen pasar pola autoescola, e por tanto non teñen o carné, ou outros que non pasan a ITV dos seus vehículos.
O xermolo deste plan hai que buscalo anos atrás nun programa piloto iniciado en Verín que despois se estendeu á provincia de Ourense e logo a toda a comunidade autónoma galega.
Buscan información sobre eses condutores de risco en bases de datos, redes sociais e outras fontes de información. A vixilancia realizase con coches camuflados en moitos casos, pero tamén coa colaboración da contorna destes condutores de risco.
Colaboran profesionais das estradas ou empregados das gasolineiras por exemplo.
Deste xeito sorpenden na estrada a condutores que se cren impunes na desobediencia das leis. Foi o caso por exemplo do home interceptado nun control polos axentes esta semana en Oza-Cesuras, que non tivo nunca carné e xa fóra denunciado noutras tres anteriores ocasións por circular sen licenza.