Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trasladado ao hospital un menor tras caer accidentalmente desde un segundo piso en Vigo

Trasladado ao hospital un menor tras caer accidentalmente desde un segundo piso en Vigo

O neno foi trasladado a un hospital e o seu prognóstico é favorable

G24.gal 09/07/2024 14:04 Última actualización 09/07/2024 14:26

Un menor foi trasladado a un hospital de Vigo despois de caer accidentalmente desde un segundo piso.

O suceso produciuse na rúa Fragoso, e fontes da Policía Nacional confirmaron que se trata dun accidente

Os servizos de emerxencia recibiron unha chamada dun particular pouco antes das 13:00 horas deste martes alertando do sucedido, segundo informa o 112 Galicia. Esta persoa tamén indicaba que o neno estaba consciente. O 112 mobilizou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Policía Local, Policía Nacional e Policía Autonómica.

As mesmas fontes indicaron que o neno foi evacuado ao hospital e o seu prognóstico é favorable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade