Publicador de contidos
Publicador de contidos

24 feridos, 7 graves, ao envorcar un autobús en Mallorca no que ían varios turistas de Lugo

24 feridos, 7 graves, ao envorcar un autobús en Mallorca no que ían varios turistas de Lugo

No vehículo viaxaban medio cento de turistas do Imserso

900 712 112 é o teléfono habilitado para informar as familias dos afectados

Gardas civís no lugar do accidente (EFE/Cati Cladera)
G24.gal 11/03/2024 13:10 Última actualización 11/03/2024 19:44

24 persoas quedaron feridas na mañá deste luns en Mallorca ao caer por un terraplén duns dous metros de altura e envorcar o autocar en que viaxaban medio cento de turistas do Imserso.

Entre os viaxeiros do autobús había persoas procedentes de diversas localidades da península, boa parte deles de Zaragoza e Lugo. Non obstante, polo momento non se detallou a procedencia dos feridos e non se sabe se hai galegos entre os ingresados nos hospitais das Illas Baleares.

Segundo informaron a EFE fontes do servizo de emerxencias sanitarias 061 e da Garda Civil, o balance final do sinsitro é de sete feridos graves, 17 leves e 30 viaxeiros ilesos, incluído o condutor.

Outros sete viaxeiros sufriron feridas leves das que foron atendidos no lugar dos feitos, e o resto dos ocupantes do vehículo, 40 pasaxeiros e o condutor, resultaron ilesos.

Dez persoas foron trasladadas ao hospital de Manacor, 5 ao hospital Son Espases de Palma, 5 ao de Llevant, 5 ao de Son Llàtzer e 2 ao hospital de Muro.

Entre estes trasladados atópanse tres familiares ilesos de persoas feridas e tamén a vítima con lesións máis graves, que foi levada en helicóptero a Son Espases.

O accidente produciuse ás 10:00 horas no quilómetro a estrada entre Sant Lloreç e Son Servera (Ma-4030) en circunstancias que investiga a Garda Civil, aínda que, en principio, descartouse a intervención doutros vehículos.

Fontes do instituto armando detallaron que o condutor do autocar deu negativo nas probas de alcol e drogas ás que foi sometido.

O 061 desprazou ata o lugar seis ambulancias de soporte vital básico, catro de soporte vital avanzado, un vehículo medicalizado de transporte colectivo, un helicóptero e un hospital de campaña.

A presidenta do Govern balear, Marga Prohens, que se reúne este luns cos presidentes dos Consells Insulars, sinalou que o seu gabinete estivo pendente do accidente e destacou a mobilización de medios para atender ás vítimas, ás que desexou "unha rápida recuperación".

O servizo balear de saúde habilitou o número de teléfono 900 712 112 para informar as familias dos afectados do seu estado e evolución.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar