Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres cans agresivos matan unha cadela yorkshire no Grove

Tres cans agresivos matan unha cadela yorkshire no Grove

Os mesmos cans xa mataron e feriron varios animas nos últimos meses

Os animais conviven cos seus tres propietarios en condicións insalubres

G24.gal 04/05/2023 14:13

Indignación entre os veciños do barrio Virxe das Mareas do Grove logo de que 3 cans atacaran e mataran á última hora da tarde de onte a Nina, unha yorkshire de apenas un quilo de peso.

Moi afectada, Mati, que onte sufriu unha crise de ansiedade, asegura que non é a primeira vez que os cans agresivos, propiedade de 3 homes residentes nunha deteriorada vivenda do barrio, atacan outros animais e incluso persoas.

Esta mañá, operarios colocaban unha fiestra nun dos ocos polos que saen os animais, xa que a vivenda na que residen os tres irmáns cos cans non conta con elementos básicos de habitabilidade e está en condicións insalubres. Aseguran os veciños que se trata de xente conflitiva e con problemas de adiccións.

Teñen medo de que calquera día os cans provoquen unha desgraza maior.

Piden a actuación das autoridades para afastar os cans agresivos do barrio e recuperar a seguridade para os veciños e a súas mascotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade