Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres detidos por estafar máis de 26.000 euros co calote do "fillo en apuros"

Tres detidos por estafar máis de 26.000 euros co calote do "fillo en apuros"

Hai vítimas nos concellos galegos de Betanzos e Brión

Os estafadores actuaban desde a provincia de Sevilla

G24.gal 14/10/2023 19:05 Última actualización 14/10/2023 20:21

A Garda Civil detivo tres persoas pola estafa telefónica do "fillo en apuros". Os estafadores mandan unha mensaxe facéndose pasar por un fillo que precisa cartos. Entre as vítimas hai familias de Betanzos e de Brión.

Os tres estafadores detidos facíanse pasar polos fillos das vítimas que, supostamente, perderan o móbil. Pedíanlles cartos con urxencia ás familias por sms ou por redes sociais desde un número descoñecido. 

Así conseguiron estafar máis de 26.000 euros. Dous dos prexudicados son de Betanzos e Brión. Tamén hai estafados en Eivisa, Valladolid e en Laguna de Duero, na provincia de Valladolid.

"Ante unha reclamación urxente de diñeiro por parte dun suposto familiar, con problemas e con número descoñecido, recomendamos contactar coas Forzas e Corpos de Seguridade ou acudir á oficina policial máis próxima".

A investigación levárona a cabo axentes do posto de Los Palacios, en Sevilla, provincia desde a que actuaban os estafadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade