Tres homes suplantan identidade dunha empresa de Culleredo e piden cartos a clientes
Tres homes suplantan identidade dunha empresa de Culleredo e piden cartos a clientes
A Garda Civil conseguiu recuperar preto do 70 % dos cartos roubados
Están acusados de estafa, pertenza a grupo criminal e dous delitos de falsidade en documento mercantil
A Garda Civil de Culleredo identificou tres homes, un de Badaxoz e outros dous de Vitoria, como supostos responsables de suplantar a identidade dunha empresa de Culleredo e pedir cartos aos seus clientes.
A Operación Cameril, dirixida polo Xulgado de Instrución número 6 da Coruña, iniciouse pola denuncia interposta polo representante dunha empresa de Culleredo.
O denunciante explicou que alguén suplantara a identidade da firma, emitindo facturas a algúns clientes, unha delas, unha empresa murciana, que pagou 60.000 euros.
Os supostos estafadores empregaban o método coñecido como email spoofing, que consiste no envío dun correo electrónico desde unha dirección similar á da empresa suplantada solicitando un ingreso nun número de conta que corresponde aos ladróns. Cando lles chegan os cartos, reenvíanos a diferentes contas, tanto nacionais como internacionais, e tratan con iso de dificultar o labor policial.
A Garda Civil acúsaos dun delito de estafa e outro de pertenza a grupo criminal e dous delitos de falsidade en documento mercantil.
Grazas á investigación lográronse recuperar 48.300 euros, case un 70 % do que os tres identificados subtraeran.