Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimas prazas nos hoteis de Lugo para un Arde Lucus que gaña peso turístico internacional

Últimas prazas nos hoteis de Lugo para un Arde Lucus que gaña peso turístico internacional

A ocupación media supera o 70 %, pero algúns hoteis do centro están xa completos

Nos campamentos ultiman xa preparativos para esta festa romana e castrexa

O Arde Lucus estrea este ano o seu distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional
G24.gal 14/06/2023 13:41

O teléfono non deixa de soar nos hoteis de Lugo. Do 22 ao 25 de xuño celébrase o Arde Lucus, a festa de recreación histórica en que romanos e castrexos toman as rúas dunha cidade ateigada de turistas. A ocupación media supera xa o 70 por cento e agárdase un cheo total o sábado 24.

Este ano o Arde Lucus estréase como Festa de Interese Turístico Internacional. De feito os visitantes estranxeiros teñen cada vez maior peso nas reservas dos hoteis.

E mentres os hoteis acumulan reservas comezou xa a posta a punto dos campamentos. Así pois conta atrás xa para unha festa que cumpre 22 anos e que un ano máis recreará con numerosas actividades na rúa o pasado romano e castrexo da cidade de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade