Un camión de recollida de lixo quedou atrapado nunha fochanca en Santiago
Un camión de recollida de lixo quedou atrapado nunha fochanca en Santiago
A vía afundiuse e unha das rodas traseiras do camión, a do lado do condutor, quedou medio soterrada
En Santiago, un camión de recollida do lixo quedou atrapado nunha fochanca que se abriu no pavimento xusto ao seu paso.
A vía afundiuse, literalmente, e unha das rodas traseiras do camión, a do lado do condutor, quedou medio soterrada. Tamén acabou no chan parte da traseira do camión.
Polas dimensións e o peso do camión de recollida de lixo, foi preciso usar un guindastre grande para levantar o vehículo e liberar a roda. Iso levou tempo. A vía estivo cortada ao tránsito de coches durante máis de tres horas.
Era unha rúa estreita, dun só carril e un único sentido, e non causou grandes incidencias no tráfico. O camión do lixo quedou atrapado ao lado duns colectores. O vehículo estaba a facer o seu percorrido habitual de recollida polo barrio da Choupana de Santiago, moi preto do Hospital Clínico.