Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche que ía en sentido contrario en Murcia provoca un accidente con dous mortos

Un coche que ía en sentido contrario en Murcia provoca un accidente con dous mortos

Faleceron dous mozos, un home de 29 e unha muller de 22 anos, que viaxaban nunha moto, e quedaron feridas outras tres persoas que ían nun turismo

Accidente na A-30, en Murcia, causado por un coche que ía en sentido contrario (EFE/Marcial Guiilén) Accidente na A-30, en Murcia, causado por un coche que ía en sentido contrario (EFE/Marcial Guiilén)
G24.gal 07/08/2024 10:40

Un home de 34 anos que circulaba en sentido contrario pola A-30 no termo municipal de Murcia provocou un accidente de tráfico no que faleceron os dous mozos que viaxaban nunha moto e quedaron feridas outras tres persoas que ían nun turismo. 

O accidente tivo lugar ás 22:40 horas no quilómetro 163 da A-30, cando o home circulaba en sentido contrario por circunstancias que están a ser investigadas; tivo que ser liberado do vehículo polos bombeiros e atópase en estado grave no hospital Virxe da Arrixaca de Murcia.

Á chegada dos servizos de emerxencia, un home de 29 anos morrera e unha muller de 22 anos faleceu durante a asistencia; ambos viaxaban nunha motocicleta.

As tres persoas que ían noutro turismo, pai e nai, ambos de 37 anos, e fillo de 5 anos, foron enviados en ambulancias ao hospital Santa Lucía de Cartaxena.

O 112 recibiu ata 25 chamadas informando do accidente e ao lugar mobilizáronse patrullas da Garda Civil, bombeiros do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Murcia e varias ambulancias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade