Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche sen freo de man cae ao mar en Muros

Un coche sen freo de man cae ao mar en Muros

 No seu interior non había ninguén

G24.gal 27/06/2024 20:15

Un coche caeu ao mar esta tarde no porto de Muros. No seu interior non había ninguén.

O seu propietario deixárao aparcado sen o freo de man nunha zona lixeiramente inclinada, o que fixo que o vehículo, un Opel Corsa, fose escorregando paseniñamente ata a beira do peirao.

Os bombeiros de Muros achegáronse ao lugar e comprobaron que estaba baleiro.

Un guindastre sacou o turismo da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos