Cargando resultados...
Un condutor con intoxicación etílica bate de fronte contra un coche en Ramirás
Un condutor con intoxicación etílica bate de fronte contra un coche en Ramirás
O home, que quintuplicaba a taxa de alcol permitida, saíu ileso
A muller que viaxaba no outro vehículo sufriu feridas leves
G24.gal
02/05/2023 11:20
Última actualización 02/05/2023 11:43
O sinistro produciuse na estrada que une Celanova e Cortegada, á altura do concello de Ramirás, na parroquia de Freás de Eiras, no lugar do Picouto.
Segundo informa a Garda Civil, o condutor dunha furgoneta bateu de fronte contra un turismo. O home, que saíu ileso, quintuplicaba a taxa máxima de alcol permitida ao volante.
A muller que ía no outro vehículo sufriu feridas leves.