Cargando resultados...
Un desprendemento nunha ponte no Barco de Valdeorras obriga a cortar un tramo da N-120
Un desprendemento nunha ponte no Barco de Valdeorras obriga a cortar un tramo da N-120
Uns cascallos caeron cando un tráiler chocou contra a parte baixa da ponte que une Veigamuíños con Tremiñá
Imaxe cedida pola Policía Local
G24.gal
20/05/2024 20:50
Un tramo da N-120 no Barco de Valdeorras tivo que ser cortado na tarde do luns debido a un desprendemento de cascotes nunha ponte localizada sobre a estrada. O tráfico foi retomado unha hora despois, tras asegurar a zona.
A caída produciuse arredor das 17:15 horas do luns, cando a policía local do Barco recibiu unha chamada informando do desprendemento. Este produciuse no quilómetro 456 da N-120.
Os axentes pensan que un tráiler puido golpear a parte baixa da ponte que une Veigamuíños con Tremiñá. O tráfico tivo que desviarse por seguridade pero os traballos de mantemento conseguiron reabrir o tramo antes do serán.