Un doente da Guarda recada fondos para loitar contra o cancro de páncreas
Un doente da Guarda recada fondos para loitar contra o cancro de páncreas
A Daniel González diagnosticáronlle a enfermidade hai dous anos
Cada ano diagnostícanse máis de 9.000 casos desta doenza en España
A campaña faina en colaboración coa Asociación do Cancro de Páncreas
A Daniel González, de 36 anos, diagnosticáronlle un cancro de páncreas en outubro de 2021. O tratamento conseguiu reducirlle o tumor á metade, pero pouco despois a súa situación empeorou. Desde o hospital, e co apoio da súa familia, Daniel decidiu lanzar unha campaña para recadar fondos que permitan investigar o cancro de páncreas.
“Puxémonos en contacto con ACAPAN, que é a Asociación de Cancro de Páncreas, que cada ano dá bolsas de 50.000 euros a dous estudos destacados que investigan novas solucións contra o cancro de páncreas, e temos un enlace cunha conta do banco onde se pode doar en nome de Daniel”, asegura Genma González, a irmá de Daniel
Cada ano diagnostícanse arredor de 9.200 casos de cancro de páncreas en España. Un dos grandes retos é o diagnostico temperán, xa que no 80 % dos casos non pode ser operado. O de páncreas é o oitavo tumor máis frecuente, pero supón a terceira causa de morte por cancro.