Un falecido e dous feridos ao colidir un coche contra unha árbore na Arnoia
Un falecido e dous feridos ao colidir un coche contra unha árbore na Arnoia
O vehículo saíu da vía por razóns que aínda se descoñecen e envorcou
Os outros dous ocupantes sofren feridas de diversa consideración
Un coche, en que viaxaban tres persoas, saíu da vía e envorcou batendo contra unha árbore. Morreu a muller que ía de acompañante no asento dianteiro, de 74 anos de idade, mentres que o condutor e o terceiro ocupante quedaron feridos graves. Ambos rozan tamén os 70 anos de idade.
Sucedeu arredor das 11 e media da mañá na coñecida como curva da Peneda, na estrada OU-215, que une A Arnoia e Cartelle. Os tres ocupantes do coche son veciños de Sande (Cartelle) e viñan de facer curas no PAC. Foron varios particulares os que deron conta do sinistro ao 112.
Os bombeiros do Carballiño-Ribeiro tiveron que liberar a vítima mortal e outro dos ocupantes do vehículo. O condutor deu negativo nas probas de alcol, mentres que o pasaxeiro do asento traseiro non fixo uso do cinto de seguridade.
Ao lugar acudiu o helicóptero medicalizado do 112, o GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico.
🔴 #AXEGAInforma dunha saída de vía na #OU0215, en #Arnoia, onde unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas.
— 112Galicia (@112Galicia) May 9, 2023
Os #BombeirosCarballiño e o #GESRibadavia liberaron dous dos ocupantes e o equipo sanitario desprazou ata o lugar un helicóptero medicalizado. pic.twitter.com/phDPMAzJkW