Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un furtivo ameaza e case atropela os gardas da confraría de Cabo de Cruz

Un furtivo ameaza e case atropela os gardas da confraría de Cabo de Cruz

Confiscáronlle 20 quilos de marisco ilegal na praia de Xión

O furtivo no momento en que volve á praia para recuperar o raño
G24.gal 29/10/2021 14:03

Ameazas e agresións, isto é o que viven os membros da Garda Rural da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro, cada vez que pillan os furtivos extraendo marisco de xeito ilegal. A última, esta pasada noite ao que lle confiscaron case 20 quilos.

O furtivo, ao verse acurralado, tira o marisco na estrada para logo volver á praia e recuperar o raño que deixara enterrado baixo a auga. Un dos gardas, pídelle que o entregue e lonxe de facelo sae polo outro lado da praia e volve onde tirara o marisco para pisalo.

"Anda con moito coidado"

Aquí comezan as coaccións e os empurróns aos gardas, como se poden ver nas imaxes cedidas polos propios gardiáns. "Anda con moito coidado" é unhas das ameazas que proferiu o furtivo.

Non contento con todo isto, colle o coche para machucar e pisar de novo o marisco tirado, e case colle a un dos gardas. 

Ao longo do día de hoxe, interporán a denuncia ante a Garda Civil por ameazas, agresións e intento de atropelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade