Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home de 58 anos morre mentres estaba traballando no campo

Un home de 58 anos morre mentres estaba traballando no campo

Na comarca onde se produciu o falecemento estaba activada a alerta vermella por calor desde as 13:00 ata as 21:00 horas deste venres

Alerta por calor en Córdoba Alerta por calor en Córdoba
G24.gal 11/08/2023 17:26 Última actualización 11/08/2023 20:54

Un home de 58 anos faleceu este venres mentres estaba a traballar en labores agrícolas na localidade de Montilla, en Córdoba, unha zona que se atopa en alerta vermella por calor desde este mediodía.

O suceso ocorreu ás 10:00 horas deste venres. O home empezou a sentir mareos no seu lugar de traballo. No lugar dos feitos compareceron axentes da Garda Civil e asistencia sanitaria, que certificaron alí mesmo o falecemento.

O corpo do home foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal onde se lle está practicando a autopsia.

Na comarca onde se produciu o falecemento estaba activada a alerta vermella por calor desde as 13:00 ata as 21:00 horas deste venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade