Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home e unha muller, feridos nun atropelo nun paso de peóns en Cabanas

Un home e unha muller, feridos nun atropelo nun paso de peóns en Cabanas

A parella atropelada tivo que ser trasladada ao hospital

Trátase dunha zona con moito tráfico e moi frecuentado por viandantes

G24.gal 08/11/2021 14:16

Unha parella foi atropelada en Cabanas, cando estaban a cruzar un paso de peóns situado nunha rotonda que conecta coa localidade de Pontedeume.

Eran preto das oito da tarde do domingo, e o home e a muller tiveron que ser atendidos e trasladados ao hospital polas feridas que presentaban.

Segundo axentes municipais de Pontedeume que se achegaron ata o lugar, testemuñas do atropelo indican que os feitos se produciron logo de que un coche freara de xeito brusco no paso de peóns. Ante isto, outro vehículo intentou esquivalo e invadiu a beirarrúa. 

Segundo veciños da localidade de Cabanas, este tipo de sinistros son habituais, pois trátase dunha vía con moito tráfico, pero tamén moi frecuentada por xente que sae pasear ou facer deporte a diario.

Algúns veciños cren que hai pasos de peóns que están moi pretos das rotondas, polo que deixan pouca marxe de reacción aos condutores. Amais din que tanto os viandantes como condutores deben respectar os sinais de tráfico. 

No atropelo de onte achegáronse ata a zona, amais da Policía Local, os servizos de emerxencias do 061, que evacuaron a parella ferida, así como tamén a Garda Civil, que está a investigar o accidente para esclarecer as causas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade