Cargando resultados...
Un home de 52 anos morre ao envorcar o tractor que manexaba en Vilaboa
Un home de 52 anos morre ao envorcar o tractor que manexaba en Vilaboa
Quedou atrapado baixo o vehículo agrícola tras bater contra unha canalización
O tractor bateu contra unha canalización
G24.gal
18/02/2023 16:44
Última actualización 18/02/2023 21:19
Un home de 52 anos faleceu a primeira hora da tarde no concello pontevedrés de Vilaboa ao envorcar o tractor co que estaba traballando nunha leira. O accidente ocorreu no lugar de Acuña.
Segundo confirmou o 112, o sinistro produciuse ao bater o tractor contra unha canalización e quedar a vítima atrapada debaixo do vehículo. Cando chegaron os servizos médicos só puideron certificar o falecemento.
Os bombeiros do Morrazo empregaron un guindastre para mover o tractor e poder sacar o falecido, que era veciño da zona.