Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 49 anos en Lugo ao caerlle enriba unha póla dunha árbore mentres podaba

Morre un home de 49 anos en Lugo ao caerlle enriba unha póla dunha árbore mentres podaba

  Sucedeu nun terreo situado en Astariz, na parroquia do Veral, cando a vítima participaba na poda dun carballo  

Os bombeiros do parque municipal ocupáronse de liberar o corpo, atrapado baixo unha póla
G24.gal 04/03/2025 14:29 Última actualización 04/03/2025 19:11

A poda dun carballo no lugar de Astariz, na parroquia luguesa do Veral, acabou en traxedia. Un home que participaba nos traballos morreu tras caerlle enriba unha póla de gran tamaño. Sucedeu a primeira hora da tarde nun terreo propiedade do sogro do irmán da vítima, ao pé da estrada que une Lugo e Friol.

 

O home, de 50 anos e veciño da capital luguesa, estaba consciente nun primeiro momento, segundo lle comunicaron as testemuñas ao 112. Quedara atrapado entre a póla, que o estaba a esmagar, e mais o tronco da árbore.

Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Lugo e á Policía Nacional.

Unha vez que os servizos de emerxencias acudiron ata a zona, estes só puideron confirmar que a vítima falecera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade