Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un hostaleiro do Pino denuncia que foi agredido por un peregrino

Un hostaleiro do Pino denuncia que foi agredido por un peregrino

A gravación da cámara do establecemento amosa como o agresor lle da varios puñazos cando lle pide que cubra a ficha de inscrición 

O agresor negouse a cubrir a preceptiva ficha de inscrición
G24.gal 11/05/2023 08:53 Última actualización 11/05/2023 09:00

O propietario dun albergue do Pino denunciou ante a Garda Civil a agresión que sufriu o pasado sábado por parte dun peregrino. Tal e como se ve na gravación de vídeo da cámara instalada á entrada do establecemento, o agresor agrediuno de varios puñazos cando lle esixiu que cubrise a ficha de inscrición preceptiva para darlle aloxamento.

O dono do albergue refuxiouse no recibidor, pechado cunha pantalla de cristal, e chamou a Garda Civil. Desde fóra, o peregrino non parou de proferir contra el insultos e ameazas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade