Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue activo o incendio forestal na fronteira entre Ourense, Zamora e Bragança

Segue activo o incendio forestal na fronteira entre Ourense, Zamora e Bragança

Descoñécense as causas do lume

G24.gal 28/01/2022 20:17

O incendio desatado contra as catro da madrugada nunha zona de matogueira do Parque Natural de Montesinhos, no concello portugués de Lama Grande, segue activo e en nivel un.

Arestora permanece cortada ao tráfico a estrada provincial que une as localidades de Hermisende, San Ciprián de Hermisende e Castromil, preto xa da fronteira con Ourense.

 O lume mobilizou medios de extinción da Junta de Castilla y León, da Xunta de Galicia e do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

As lapas avanzan con rapidez pero non afectan polo de agora núcleos rurais.

De momento, descoñécese a orixe e a causa do lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade