Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio obriga a cortar a autovía A1 entre Leiria e Pombal en Portugal

Un incendio obriga a cortar a autovía A1 entre Leiria e Pombal en Portugal

Seis incendios seguen activos no país, segundo o último balance de Protección Civil

Este martes foi necesario realizar máis evacuacións preventivas en varias aldeas

Imaxe RPT Nuno Veiga Imaxe RPT Nuno Veiga
G24.gal 12/07/2022 21:24 Última actualización 12/07/2022 22:20

A reactivación de varios focos que foran controlados e os novos incendios xurdidos este martes manteñen a alerta en Portugal, onde obrigaron a evacuar máis aldeas con cortes de tráfico, incluida a principal autovía do país.

Seis incendios seguen activos, segundo o último balance de Protección Civil, que insistiu en que Portugal vive "unha situación extrema" desde o punto de vista meteorolóxico, que nunca se dera antes.

Os distritos de Leiria e Santarém, na zona centro do país, son os máis afectados, onde se localizan os dous incendios que máis preocupan: Ourém e Pombal. Ambos comezaron a semana pasada e foron dominados este luns tras afectar varios municipios, pero volveron reactivarse.

Durante a tarde do martes foi necesario realizar máis evacuacións preventivas en varias aldeas destes municipios e cortar a autovía A1, que conecta as cidades de Lisboa e O Porto, en ambos os sentidos. Tamén foron cortadas outras dúas estradas, a IC8 e a IC2, no centro do país.

En total uns 1.300 bombeiros traballan para controlar as lapas nos seis incendios, con 390 vehículos terrestres e 19 medios aéreos.

Portugal activou o pasado domingo o Mecanismo Europeo de Protección Civil e a Comisión Europea mobilizou dous avións de extinción Canadair da súa flota en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade