Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pescador de Cangas é vítima dun novo accidente no mar

Un pescador de Cangas é vítima dun novo accidente no mar

O home caeu á auga nunha fría noite

A lancha sufriu danos
G24.gal 20/12/2023 16:43

Un pescador de Cangas tivo un accidente nas bateas da Borneira mentres navegaba na plena escuridade da noite.

O home chocou contra unha batea e a lancha envorcou. El caeu ao mar, mais conseguiu agarrarse a unha corda e poñerse a salvo.

Puido salvar a vida grazas á lanterna do seu móbil, pois empregouna para pedir auxilio. Tivo a sorte de que nese intre, unha embarcación de navalleiros que pasaba por alí localizouno grazas ao sinal lumínico e puxérono a salvo en terra.

Malia estar mollado e as baixas temperaturas, o home está en bo estado.

Non é a primeira vez que se produce este tipo de sinistros na zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade