Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un piñeiro de vinte metros cae no parque de Santa Margarida da Coruña

Un piñeiro de vinte metros cae no parque de Santa Margarida da Coruña

A árbore quedou atravesada no medio dun camiño, pero non causou feridos

G24.gal 01/04/2023 21:27 Última actualización 01/04/2023 21:32

Un piñeiro vello caeu no medio dun camiño do parque de Santa Margarida da Coruña, onde máis de dúas mil persoas celebraban a Festa da Primavera.

A árbore, duns vinte metros de altura, quedou atravesada nunha das sendas próximas á Casa das Ciencias sen causar ferido ningún. A Policía Local e os Bombeiros acordoaron a zona mentres os operarios da adxudicataria do servizo de conservación do parque tronzaban o enorme tronco para facilitar a súa retirada.

Polo momento, o Concello coruñés non aclarou por que se derrubou o piñeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade