Un policía ferido ao precipitarse desde catro metros de altura na extinción dun incendio
Un policía ferido ao precipitarse desde catro metros de altura na extinción dun incendio
O axente foi rescatado consciente e presentaba golpes e cortes, pero o seu estado é leve
Os bombeiros tiveron que volver ás casas de Tui que arderan o venres pasado. O lume reavivouse nunha das vivendas, próximas á fronteira con Portugal.
Un policía nacional que axudaba nas tarefas de extinción quedou ferido mentres tentaba sufocar as primeiras lapas. O piso, moi danado polo incendio anterior, cedeu e precipitouse ao soto da vivenda desde unha altura de aproximadamente catro metros. Afortunadamente quedou ferido leve.
Cando o rescataron estaba consciente e presentaba golpes e cortes en diferentes partes do corpo polo que foi trasladado e atendido nun centro médico. As vivendas que arderon o venres están deshabitadas, aínda que con frecuencia son ocupadas por persoas sen fogar. Quedaron precintadas para evitar que se produzan máis danos materiais ou persoais.