Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un poste apoiado sobre o tendido eléctrico ameaza a seguridade dos veciños da Mourisca, en Gondomar

Un poste apoiado sobre o tendido eléctrico ameaza a seguridade dos veciños da Mourisca, en Gondomar

Teñen medo de que poida caer na estrada e danar a alguén

Tras avaliar a situación, a empresa confirma que a previsión é cambialo esta semana

Marta González Salve 15/12/2021 13:53

O mal estado e a podremia do poste de telefonía situado nunha parcela privada no barrio da Mourisca, na parroquia de Chaín, en Gondomar,  xa fora posto en coñecemento da compañía por parte dos propietarios da leira hai meses. O temporal da semana pasada rematou por quebralo.

Trátase dunha zona moi transitada polo que os veciños teñen medo a que lles poida caer enriba. Preocúpalles que poidan romper os cables en que quedou apoiado e quedar sen subministración eléctrica.

Esta mesma mañá operarios da compañía achegáronse á zona e tras avaliar a situación a empresa confirmou á TVG que a previsión é cambiar o poste esta semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade