Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un rescate complicado polas condicións do río, a inestabilidade do vehículo e a falta de luz

Un rescate complicado polas condicións do río, a inestabilidade do vehículo e a falta de luz

O rescate só era posible desde a ponte porque as marxes do río eran inaccesibles

No rescate das vítimas participaron cinco bombeiros do parque municipal de Pontevedra

Un rescatador dos bombeiros de Pontevedra prepara o dispositivo para a retirada das vítimas mortais
G24.gal 25/12/2022 14:40 Última actualización 25/12/2022 15:32

Os bombeiros do parque municipal de Pontevedra foron os que levaron a cabo o rescate das vítimas durante a noite. Dúas unidades saíron cara a Cerdedo-Cotobade en canto recibiron o aviso e á chegada atoparon o autobús no medio do río e comezaron a inspección, como relatou César Labo, cabo do parque de bombeiros de Pontevedra.

"O escenario era un autobús no medio do leito do río cunha corrente e un caudal perigoso e elevado. Houbo que montar un sistema para poder descender ata o autobús e darlle asistencia á persoa que estaba viva, que ao final eran dúas as persoas vivas". 

Unha vez evacuadas as vítimas vivas continuou o rescate dos corpos localizados nunhas condicións difíciles polo estado do río, a falta de luz e a inestabilidade do vehículo. 

"Cando chegamos a auga estaba á altura do volante do vehículo, estábase metendo dentro do autobús facendo turbulencias e a medida que foi pasando o tempo foi crecendo o nivel de auga e o caudal ata que ao final case non había espazo para traballar. Despois das revisións que fixemos e ao non localizar a ninguén máis, unha vez que subiu o último rescatador suspedéronse os labores de busca ata esta mañá". 

Aínda que están afeitos aos traballos de rescate complicados, esta Noiteboa quedará marcada por unha traxedia coa que ningún contaba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade