Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ribeirense acepta dous anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil e non ingresará en prisión

Un ribeirense acepta dous anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil e non ingresará en prisión

A privación de liberdade queda suspendida a condición de que se someta a tratamento psicolóxico e non delinca en cinco anos

G24.gal 20/09/2023 11:15

Un veciño de Ribeira acusado de posesión e distribución de pornografía infantil aceptou dous anos de cárcere na vista de conformidade celebrada este mércores. Por tanto, a pena privativa de liberdade queda suspendida e non entrará a prisión, co compromiso de someterse a tratamento psicolóxico.

As partes chegaron a un acordo nunha vista celebrada na Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela. O home será condenado por un delito de prostitución e corrupción de menores (artigo 189.1.b do Código penal), aínda que a Fiscalía solicitaba inicialmente unha pena de oito anos e medio.

En concreto, defensa e Ministerio Público acordaron retirar do relato de feitos un parágrafo que incidía nunha maior gravidade do contido pornográfico comisado, polo que a pena quedará fixada en dous anos.

Neste contexto, os maxistrados da Audiencia suspenderon a privación de liberdade a condición de que non cometa delitos en cinco anos e de someterse a tratamento psicolóxico, do cal informará o tribunal cunha periodicidade de seis meses. Tamén será inhabilitado para oficios e actividades con menores durante cinco anos.

Segundo recollía o escrito de Fiscalía e quedou fixado na vista, o acusado posuía e visualizaba "unha gran cantidade de arquivos", máis de 800, entre fotos e vídeos, que ademais distribuía con outros usuarios da rede a través do programa 'emule'.

Durante a investigación, descubriuse a distribución deste contido a través de Internet, o cal foi constatado nun rexistro no domicilio do acusado en febreiro de 2020. Entón, fóronlle comisados varios equipos informáticos, entre eles un computador, nos que almacenaba estes arquivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade