Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tremor de 3.5 graos sacude a Costa da Morte

Un tremor de 3.5 graos sacude a Costa da Morte

Con epicentro en Laxe, deixouse sentir en toda a comarca

Polo momento desbótanse danos persoais

G24.gal 21/12/2021 21:11

Un tremor de 3.5 graos sacudiu este martes pola tarde a Costa da Morte. O terremoto, con epicentro en Laxe, deixouse sentir en toda a comarca pero non produciu danos persoais. 

O sismo aconteceu exactamente ás sete e vintecatro minutos da tarde. O epicentro situouse no concello de Laxe a unha profundidade de 10 km.

Sentiuse con especial intensidade en Vimianzo, Camariñas, Ponteceso, Baio, Cabana de Bergantiños e  Santa Comba. 

Os lugares máis afastados nos que se percibiu foron a cidade da Coruña e Boiro. 

Polo de agora non hai constancia de que o tremor producise danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar