Cargando resultados...
Un veciño localiza o cadáver do home de 90 anos desaparecido en Aranga
Un veciño localiza o cadáver do home de 90 anos desaparecido en Aranga
O corpo do falecido foi trasladado ao CHUAC para realizarlle a autopsia
G24.gal
16/03/2024 17:33
Última actualización 16/03/2024 19:01
Un veciño atopou arredor das 13:00 horas deste sábado a dous quilómetros do seu domicilio o cadáver do home de 90 anos, que desaparecera o xoves da pasada semana no municipio coruñés de Aranga.
Segundo informou a Garda Civil, o veciño atopou o cadáver cando ía visitar unha leira da súa propiedade no monte As Lagoas.
A testemuña relatou que viu unha gorra no camiño que chamou a súa atención, tras o que localizou unha chaqueta cunhas chaves dentro e posteriormente, separado da pista, uns vinte metros cara ao monte localizou un cadáver, tras o que avisou aos servizos de emerxencias.
O corpo do falecido foi trasladado ao CHUAC para realizarlle a autopsia.