Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un vigués representará a España nas Olimpíadas de carniceiros de París 2025

Un vigués representará a España nas Olimpíadas de carniceiros de París 2025

Javier Vaqueiro rexenta unha carnicería no mercado vigués do Progreso

G24.gal 05/10/2023 14:17

Javier entrou nunha carnicería por vez primeira cando tiña un ano, non lembra a primeira vez que cortou unha peza ou desosou un costelar.

Con cada corte pódese potenciar o sabor e favorecer a mellor textura da carne. 

Acaba de ser elixido para representar a España nos xogos olímpicos da carne en París 2025. Aínda que aprendeu o oficio na casa. Sempre apostou pola formación e a excelencia con diversos cursos.

Agora a súa laboriosidade vese premiada por esta convocatoria. 

Javier ten envexa sa dos franceses que teñen formación específica para carniceiros e ninguén pode rexentar un establecemento sen ter o título. El non desbota montar unha escola, e xa deu cursos de formación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade