Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xubilado moi activo que practica boxeo dúas horas ao día

Un xubilado moi activo que practica boxeo dúas horas ao día

Despois de ser axente de policía durante máis de 40 anos, ao retirarse buscou actividades para liberar tensión e ata acabou sendo instrutor deste deporte de loita

G24.gal 30/05/2024 13:34 Última actualización 30/05/2024 13:59

Un ourensán xubilado practica dúas horas ao día de boxeo. Foi policía nacional máis de 40 anos e cando se retirou decidiu seguir activo e ata é profesor deste deporte que asegura  que o mantén en forma e que o desestresa.

Para Quique Camoeiras, xubilarse non significa parar.

"Nin moitísimo menos, eu xubílome e en vez de estar vendo obras estou nun ximnasio practicando boxeo".

Foi policía nacional durante 41 anos. Con 60 colgou o uniforme e puxo os guantes de boxeo, practícao dúas horas ao día e mesmo dá clases de iniciación.

"O boxeo axúdache a desestresarte, o feito de darlle golpes ao saco libérate do estrés acumulado, dáche confianza, seguridade en ti mesmo e ganas enerxía e vitalidade".

Tamén fai kick boxing e ten cinco cintos negros en artes marciais.

"Por ingresar na Policía Nacional metinme nas artes marciais, porque a estatura xa ves que son pequeno, pouca cousa, entón co cinto negro dábanme dous centímetros, fixen taekwondo, judo e logo quería cousas máis fortes".

Así foi como chegou ao boxeo. E encantado está coa súa xubilación activa, o que recomenda a todas as persoas que deixen de traballar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade