Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría na rede deixa unha rúa de Lugo dous días sen auga

Unha avaría na rede deixa unha rúa de Lugo dous días sen auga

Os veciños din que non se atenderon as súas chamadas para reparala

A presión excesiva da auga puido ser a causa do fallo na tubaxe

G24.gal 10/07/2024 11:58

Aínda queda lama no firme logo da rotura dunha tubaxe que provocou unha tromba de auga nesta zona da rúa Marqués de Ombreiro, en Lugo. A avaría obrigou a cortar a subministración a arredor de 25 vivendas. Os veciños sinalan que, nos dous días que durou o corte, careceron de información sobre o que estaba a pasar e non foron atendidas as súas chamadas para saber cando se ía restablecer o servizo.

"Hai xente maior e dependente, e non tiñamos onde coller auga".

"Sen outras cousas aínda podes pasar. Pero sen auga é imposible".

A falta de auga causou importantes trastornos aos veciños para cociñar ou asearse. A un matrimonio de nonaxenarios houbo que levarlles a auga en garrafas ata a casa pola súa falta de mobilidade. Na zona levaban dous anos sen este tipo de problemas logo de que se cambiasen as tubaxes, pero agora temen que os cortes volvan ser continuos como antes.

"A un matrimonio de anciáns de aquí tivemos que traerlle nós a auga".

"Non pode ser que non nos atendan ou que nos digan que só hai unha brigada e que non traballan de noite".

Os veciños abastecéronse nesta pequena fonte illada e a trescentos metros das casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade