Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría na traída deixa sen auga durante horas parte do centro urbano de Foz

Unha avaría na traída deixa sen auga durante horas parte do centro urbano de Foz

Unha tubaxe da condución xeral de abastecemento da vila rebentou á altura de Forxán

A veciñanza afectada reclama a renovación da rede, con tramos de máis de 50 anos

Félix Aragunde 10/07/2023 13:55

Os barrios máis altos de Foz, como Corporacións ou Marzán, foron os máis afectados pola avaría na traída municipal. O corte de auga comezou pola mañá e prolongouse ata doce horas.

Non é a primeira avaría na traída de auga que sofren os veciños e negocios afectados nos últimos meses. Hai unha semana, xa tiveran outro corte.

"Os que temos un negocio e necesitamos a auga tivemos que deixar de atender clientes. A xente que viña a lavar a cabeza e a peitearse tívena que pospoñer para a tarde", di Belén López Oroza, peiteadora.

O problema, segundo din, é a antigüidade das tubaxes, que foron instaladas hai máis de 50 anos. Reclaman, por tanto, unha renovación integral da rede.

Nesta ocasión, a concesionaria da auga tivo que substituír un tramo de seis metros da tubaxe rota á altura de Forxán. Os traballos prolongáronse ata as tres da mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar