Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido leve o piloto dunha avioneta no aeródromo de Rozas

Ferido leve o piloto dunha avioneta no aeródromo de Rozas

O aparello caeu á pista pouco despois de engalar

G24.gal 01/11/2022 17:50 Última actualización 01/11/2022 21:41

O accidente da avioneta bipraza rexistrouse pouco antes das dúas da tarde no aeródromo de Rozas, no concello de Castro de Rei. Un particular avisou do sinistro ao 112.

Xusto cando acababa de engalar, caeu á pista. Por fortuna, a aeronave ía a moi pouca altura e o impacto foi aparatoso pero non grave.

O piloto da avioneta bipraza, que viaxaba só, puido saír polo seu propio pé e non presentaba feridas de gravidade. Parece que un insecto foi o que provocou o accidente.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vilalba e Lugo e a Policía Autonómica. Tamén se mobilizou un helicóptero medicalizado do 061, que finalmente non chegou a trasladarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade