Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Rois denuncia o estado das canalizacións a carón da súa vivenda

Unha familia de Rois denuncia o estado das canalizacións a carón da súa vivenda

Levan casi 20 anos reclamando ante os continuos asolagamentos e filtracións que sofren

G24.gal 29/03/2022 14:22

Unha familia do concello coruñés de Rois leva anos temendo que chova por culpa dunha fonte pública situada preto da súa casa. Din que cando o ceo descarga, a auga baixa como un torrente contra a súa vivenda e xa estragou a fachada.

Levan case 20 anos reclamando unhas boas canalizacións para que non se forme unha piscina ás portas da súa vivenda. A auga corre pendente abaixo despois de acumularse e desbordar dende a fonte que temos ás nosas costas. Isto provoca filtracións e desprendementos que fan que a situación sexa xa case que insostible para estes veciños.

Esta situación é a que están a vivir María José e a súa familia, incluída a súa nai de 90 anos dende o ano 2003. A casa quedou deste xeito que ven tras anos de soportar o contacto continuo coa auga. Á parte de pequenos apaños, coma estes ferros para axudar a que as follas e pedras que trae a auga queden aí, María José denuncia que dende o Concello non están a solucionar o problema real das canalizacións dende a fonte.

María José di que a situación non pode continuar así e reclama unha solución urxente a un problema que xa dura demasiado. Dende o Concello de Rois aseguran que so hai 6 anos que se canalizou o lugar é que o problema ven por algunha intervención externa pero que esta a traballar para solucionalo canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade