Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha liorta entre mariscadoras de Cambados remata cunha denuncia por agresión

Unha liorta entre mariscadoras de Cambados remata cunha denuncia por agresión

A vítima comunicara o día anterior que atopara marisco agochado nun carro

É o ultimo episodio de tensión despois de semanas de conflito no seo da confraría

G24.gal 16/06/2023 14:17

O achado dun lote de ameixas agochado nun carriño semella ser a orixe dunha discusión en que unha das mariscadoras de Cambados quedou ferida leve. Segundo denunciou ante a Garda Civil, o home dunha das compañeiras empurrouna durante a liorta e caeu ao chan. 

"Eu non vin a discusión pero falei cos dous. El é un home moi grande, empurrouna ou separouna nunha poza e ela caeu, é o que me contaron", explica Adoración San Isidro, mariscadora e membro da directiva da confraría.

Ninguén aquí quere falar do tema, agás esta directiva da Agrupación, a quen a vítima comunicou que atopara o marisco.

"Unha mariscadora chamoume a atención pola mañá dicíndome que eu lle dixera á Presidenta que aparecera marisco no seu carriño. Iso non é verdade, eu non lle dixen nada a Presidenta, non sei de quen é cada carro", engade Adoración.

Este é o último episodio de tensión nunha confraría onde hai tempo medra o conflito entre un sector crítico da directiva e a nova presidenta, que rexeitou facer declaracións. Mentres, a maioría das mariscadoras o que piden é tranquilidade para poder traballar.

"Queremos traballar tranquilas, que se poñan dacordo e que falen".

"Nós votamos, igual que no Goberno, agora teñen que arreglarse".

"Están conseguindo que nos enfrontemos entre nós e pase o de onte. Foi un caso puntual, pero a cousa se está poñendo mal, e vai a máis", din algunhas mariscadoras.

Lamentan ser noticia polos conflitos acumulados nas últimas semanas. Agardan que as friccións na directiva se resolvan pronto polo ben, din, de todas as familias que dependen do marisqueo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade