Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller de Lugo perde a custodia da filla tras acusar a profesora de torturas

Unha muller de Lugo perde a custodia da filla tras acusar a profesora de torturas

A mestra denunciouna por inxurias e calumnias

Arquivo/Xulgado de Lugo Arquivo/Xulgado de Lugo
G24.gal 03/04/2024 11:09

Unha muller de Lugo perdeu a custodia da súa filla despois de acusar a profesora de torturar e envelenar a pequena. Segundo relatou, a mestra a pechaba a nena nun cuarto, atábaa a unha cadeira e obrigábaa a beber auga con lixivia.

As primeiras queixas chegaron á presidenta da ANPA, que se puxo en contacto coa dirección do colexio. Tras reunirse coas dúas partes, o equipo directivo abriulle un expediente á profesora e denunciou a nai por inxurias e calumnias.

O caso pasou a mans de Menores que, tras realizar os estudos psicosociais do círculo familiar da nena -a nai e a avoa-, decidiu retirarlles temporalmente a custodia e facerse cargo da pequena.

Agora o xulgado está á espera do informe médico da menor para tomarlle declaración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade