Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller, detida polo atentado contra un blogueiro ruso

Unha muller, detida polo atentado contra un blogueiro ruso

Rusia publica un vídeo coa suposta confesión da detida

Morre nun atentado con bomba en San Petesburgo un blogueiro militar prorruso

Daria Trepova, de 28 anos, é unha activista contra a invasión rusa en Ucraína Daria Trepova, de 28 anos, é unha activista contra a invasión rusa en Ucraína
G24.gal 04/04/2023 08:37

Detida en Rusia unha muller acusada do atentado en San Petersburgo contra un coñecido blogueiro prorrruso.  A moza chámase Daria Trepova e 28 anos. Rusia asegura que ela lle entregou a Vladlen Tatarsky unha pequena figura con explosivos na cafetería onde se produciu a explosión que acabou coa vida do blogueiro.

O Ministerio do Interior ruso publicou un vídeo en que Trepova supostamente admite ser a autora do atentado, aínda que o máis probable é que esa declaración se obtivera baixo coacción. O Kremlin di que a detida é simpatizante da fundación que dirixe o líder opositor Alexey Navalny. O seu círculo négao e di que Daria é unha activista pacifista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade