Unha muller veciña de Muros falece nun accidente de tráfico en Carnota
Unha muller veciña de Muros falece nun accidente de tráfico en Carnota
Por razóns que se investigan, o vehículo no que viaxaban foise da vía
O coche saiu da via e bateu cunha canalización de formigón
O home da vítima, que conducia o coche, foi trasladado en ambulancia ao hospital
Barállase a hipótese de que o home sufrira algunha indisposición mentres conducia
Unha muller de avanzada idade, veciña de Muros, faleceu nun accidente de tráfico ocorrido en Santa Comba de Carnota. O condutor do turismo no que viaxaba resultou ferido.
Un helicóptero medicalizado trasladou a muller que se atopaba en estado grave. Porén, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida e morreu no traxecto cara ao hospital de Santiago. O home, tamén de Muros, foi evacuado en ambulancia.
O matrimonio é veciño de Muros. A Garda Civil investiga as causas do sinistro. Ocorreu nun treito recto e barállase a hipótese de que o home, que era o que conducía, sufrira algunha indisposición ou quedara durmido.
Os veciños de Santa Comba de Carnota aínda están conmocionados ao saber do pasamento da muller á que onte auxiliaron tras sufrir un accidente de tráfico neste punto. O golpe sorprendeu a moitos mentres acababan de xantar. O coche en que viaxaba un matrimonio duns 70 anos saíu da vía e impactou cunha canalización de formigón.
Os primeiros en auxiliar as vítimas foron os veciños do lugar. Axudáronos a saír do coche e, malia que estaban conmocionados, aseguran as testemuñas que non parecían sufrir lesións de gravidade.