Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha suba de tensión estraga varios electrodomésticos nun edificio de Santiago

Unha suba de tensión estraga varios electrodomésticos nun edificio de Santiago

Houbo avarías nos tres andares e afectou lavadoras, televisores, vitrocerámicas e outros aparellos

Os bombeiros desprazáronse ata o lugar, pero non tiveron que intervir

Lavadora estragada pola suba de tensión
G24.gal 23/09/2024 16:53

Unha suba da tensión provocou un corte de luz nun edificio e deixou unha chea de electrodomésticos estragados nos tres andares.

Contra as once da noite a subministración eléctrica xa estaba restablecida. Toca agora facer contas coa compañía eléctrica para que lles amañen sobre todo, televisores, vitrocerámicas, termos e outros electrodomésticos que se queimaron coa suba de tensión. Ata o lugar, nunha praza do centro histórico compostelán, acudiron efectivos do parque de bombeiros pero non tiveron que intervir.

Nun restaurante da zona queimáronse todos os electrodomésticos e máis un ordenador. As perdas son grandes porque non poden traballar e non saben canto tempo teñen que permanecer pechados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade